Saturday 04 de May de 2024

O alcalde de Frades entregou as equipacións deportivas aos 24 rapaces que participan este ano nas escolas municipais de fútbol sala


Un total de 24 rapaces de Frades, de idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos, participan este ano nas escolas deportivas municipais de fútbol sala, que veñen de iniciar o campionato na Liga Intermunicipal 2014-2015 na zona de Santiago nas categorías benxamín, infantil e cadete. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o técnico de Deportes, Lino Espiñeira, reuniron aos rapaces no pavillón municipal de Ponte Carreira para facerlles entrega duns chándales co escudo e as cores do Concello de Frades. Roberto Rey desexoulles sorte nesta próxima tempada e animounos a repetir os éxitos de anos anteriores, nos que o equipo cadete das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Frades proclamouse campión da Liga Comarcal de fútbol sala.